
Un sol de megaconstrución pesaba sobre a terraza do Costa Verde. O espazo de mesas e cadeiras de trinta metros cadrados era o único ámbito humanizado en Ribadeo na tarde agostosa de onte. Eramos unhas vinte persoas repartidas en grupos de catro, de dos e de unha: viúvas a acougar, divorciadas consoladas, algunha neska zarra (rapaza vella, en euskara; solteirona) e máis eu. También outras tres amigas entre elas das que ignoraba identidade e estado civil. Eu acompañaba a Itziar, a miña nai, no canto do seu kaddish en palabras...
[Lire la suite]