
HOUBO UNHA frase de Milena Busquets que atrapei ao voo, como se atrapan as primeiras moscas do verán, cando aínda están facendo un voo de recoñecemento do mundo. «Los hombres elegantes leen a los rusos», dicía a escritora. Seica que é filla da editora Esther Tusquets e sobriña do arquitecto Óscar Tusquets, pero xa digo, todo o que lle lin foi esa frase atrapada pechando o puño no aire cálido segundo alguén a subiu a Twitter.Os homes elegantes len os rusos. Eu estou lendo os rusos, levo uns meses lendo rusos; pero nunca...
[Lire la suite]