samedi 19 mars 2016

O AMOR, QUE MOVE O SOL E AS ESTRELAS TODAS

TODOS COMETEMOS erros baixo a influencia do amor. Se non fose polo cegamento que produce, Camilo José Cela non tería abandonado a súa fundación —cos seus 45.000 volumes e unha escollida mostra de obxectos persoais— ao entendemento e capricho de Marina Castaño.Os delirios de Thomas de Quincey cando consumía opio devolvíanlle a Ann, unha rapaza  da que namorou ao chegar a Londres. Un domingo de chuvia perdeuna de vista por sempre xamais, pero nunca esqueceu a invernía na que durmiron abrazados para combater o frío feroz que... [Lire la suite]

vendredi 12 décembre 2014

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL

Unha norma elemental nunha entrevista é non permitir que o entrevistado cha guíe. Debes ser ti quen decida os temas que tratades e o xeito no que os tratades, mesmo se tes que ser impertinente e interromper o discurso. Nunca fago excepcións. Ben, si, exclúo da norma a Darío Xohán Cabana. Eu lanzo unha primeira cuestión, nada orixinal, algunha obviedade para colocar o estrado, e deixo que Darío improvise a lección maxistral. A clase de onte foi sobre Dante co gallo da súa segunda tradución de A divina comedia, con excursións a... [Lire la suite]
mercredi 26 novembre 2014

QUINCE MIL PASOS DE PAPEL

A muller atou a miña saúde a unha desas pulseira negras que contan os pasos. Encargoume 15.000 diarios. Cando saín da casa, contra as nove, para levar a Antón ao colexio o ceo amosaba un gris continuado e frío. O vento, un O-NO sopraba a 1 km/h, polo que temín que nada barrería as nubes e non veríamos o sol en todo a xornada. O día era cincento, tristoño. Descendín dende o outeiro sobre o que está a miña casa, na traseira do Gran Hotel, ata Augas Férreas. Descendín á antesala do averno da Seguridade Social para solicitar unha... [Lire la suite]
dimanche 23 novembre 2014

O GALEGO FLORENTINO DE BLANCO AMOR

    O actor vasco Karra Elejalde recoñece que o peor da rodaxe de A esmorga non foi interpretar en galego, senón interpretar o frío. Elejalde non é de Bilbao, pero podería polo esaxerado. Sostén que, durante a filmación, «padecimos ocho ciclogénesis seguidas», que combatiron con neopreno e camisetas térmicas.Ese plural no que se expresa inclúe a Miguel de Lira e Antonio Durán, Morris. Ignacio Vilar escolleu os tres para regaleguizar a versión cinematográfica da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor, que Gonzalo Suárez... [Lire la suite]