lundi 6 décembre 2010
LIBERAR LIBROS COMA VISÓNS
UN BLOGUEIRO, Florian Gallaire, decidiu rebentar a última novela de Houellebecq, O mapa e o territorio na súa versión electrónica. Florian aplicou unha xustiza poética de verso solto, de soneto con sílabas mal contadas. Liberou unha obra allea coa irreponsabilidade coa que os ecoborrokas ceiban visóns. O blogueiro esvarou polo bucle vingativo de que o escritor botou man duns parágrafos da wikipedia sen citar orixe. Eu agora teño medo porque ás veces uso frases de amigos para os artigos e non inclúo un apartado de créditos, polo que... [Lire la suite]
jeudi 27 mai 2010
A LIÑA DA FELICIDADE
O PINTOR JOAN Miró dixo que «unha simple liña pode levar á felicidade». A felicidade para min é saír á rúa en bata e pixama de seda para mercar o xornal, peituga de pavo e mazás ao xeito de Truman Capote en Palamós. A felicidade era para o bebé de Briatore que un iate o arrolase coma un berce mentres a nai, Elisabetta, lle cantaruxaba a ‘Nana de la cebolla’ de Miguel Hernández —«no sepas lo que pasa ni lo que ocurre»—. Pero a felicidade é a cousa máis fráxil do mundo e veu a Facenda italiana confiscar o barco de Briatore. Elisabetta... [Lire la suite]
mardi 25 mai 2010
JULIÁN MUÑOZ EN 'RICARDO III'
Ás VECES boto en falta o amor que ardía nos vellos folletíns. Agora eses romances, eses celos e esas traizóns incendian os platós televisivos. Estou seguindo con devoción, entrega a entrega, Isabel Pantoja: la traición, un drama con tres personaxes principiais: Julián Muñoz fai de galán maduro; as actrices Maite Zaldívar e a propia Pantoja, de esposa e amante. Son tempo catódicos e xa non volverá aquel récord de Dickens vendendo 200.000 exemplares de Conto de Nadal cun 25% de ingleses alfabetizados.Quen escribe agora os folletíns son... [Lire la suite]
lundi 24 mai 2010
MARTE 500
A PATRIA DO home é o lugar no que aprende a nadar. Cando eu era neno aprendíamos no mar. Agardábamos a que sete ondas altas se deitasen sobre a area para dar unhas brazadas torpes que nos confirmasen avances no croll. Agora os nenos empezan a chapuzar nunha piscina. Nós aprendiamos a vida no escenario no que se ía desenvolver, non en incubadoras acuáticas. Todos tendemos ao simulacro, ao risco controlado. Carlos Negro escribe no libro ‘Abecelbú’ que «o perigo é o irmán da aventura». Nós preferimos o ‘Gran Irmán’, a realidade... [Lire la suite]
vendredi 16 avril 2010
VECIÑOS
A ORDE DO mundo debe de estar regulada por un tahúr. Afirmo isto porque Einstein defendía que Deus non xoga aos dados. Daquela é un tahúr quen distribúe os seres humanos pola Terra; quen os envía a vivir nas cidades, vilas ou aldeas. Esa explicación demostraría que a liberdade persoal é unha lenda urbana. Pouca liberdade temos na escolla da familia, por exemplo. O pai e mais a nai veñen de fábrica. Os irmáns non traen un albarán para devolucións. É inútil que busques a folla de reclamacións no libro de familia. No caso da parella, se... [Lire la suite]