samedi 11 septembre 2010

O CRAVO DE IBON

O deber de todo neno é conquistar o mundo. Eu, que son da quinta que viu o Mundial 78 —canta Calamaro—, intenteino inutilmente. O noso proxecto para dominar o planeta comezaba nun espazo de terra no que trazabamos un gran círculo cun croquis dos continentes. Tratábase de ir chantando un cravo duns dez centímetros nos países do rival para apoderarse deles. Napoleón aplicouse mellor ca min logo de chegar á Academia Militar de Autun. A aquel adolecescente corso e rabudo cedéronlle un par de metros cadrados de terra para que os cultivase.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

mardi 20 avril 2010

UN POETA E UN PORNOETA

COÑECÍN UN editor de poesía sensato, Joan Gonper. Vén de tirar o novo de Saturnino Valladares, un tipo ben afable e ben considerado pola crítica, pero non podo lerlle Secretos del Fénix porque o médico, o doutor Brañas, sacoume o verso libre porque me deita a tensión polo chan. Gonper dirixe un selo no que publica poemarios e tamén frivolidades. O seu maior éxito foi un biopic sobre dona Leonor, que meteu por milleiros nas furgonetas de distribución aos poucos días de nacer a súa alteza. Non vou agochar a fascinación por estas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,