
CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou á moza e intentou violar á irmá desta, pero si comprendo a súa confusión cando o botan da prisión. Pega as costas contra o muro do cárcere de Tegel porque «é unha sorte vivir entre paredes: sábese como empeza o día e como sigue». Mantense quieto ata que os gardas lle berran....
[Lire la suite]