jeudi 15 janvier 2015

A FALSA (FALSA) BANDEIRA NO CHARLIE HEBDO

O paso dos días tras a masacre do Charlie Hebdo está volvendo os asuntos aos arquivadores asignados. Por unha banda, aparece un cómico líder de Al Qaeda para sermonearnos rodeado de símbolos de modernidade para que esquezamos o atávico dese discurso no que se permite metaforizar como Batalla Sagrada de París o asasinato sen piedade de doce persoas. Por outra, rexurde a esquerda das alucinacións que considera que o crime é unha operación de falsa bandeira da CIA. Perciben o servizo secreto de Estados Unidos coma un ente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , , ,

lundi 8 septembre 2014

A RENTRIÑA, UN COMBATE A DOCE ASALTOS

  Antón Porto anuncioume que aquela noite de sábado vería algo «fascinante». Levaba dous días en Berlín coa mente aberta, a boca aberta e a porta do hotel aberta por todo o «fascinante» que xa me amosara o meu anfitrión, daquela lector de galego na Freie Unibersität. Antón conduciume a un pub tan sofisticado, cheo de bebedores e anodino, coma un pub sofisticado, suado e anodino de Bos Aires ou de Ribadeo. Eu non percibía o «fascinante». Sentía o desencanto.De súpeto, o público abriu un círculo no centro do local e xrudiron... [Lire la suite]
vendredi 2 décembre 2011

APÁRENCESENOS OS ESPECTROS DOS ROBOTS DESGUAZADOS

ALGÚN DÍA serán os fantasmas dos robots desguazados os que nos dean sustos. Polo de agora, son as almas dos espías as que se nos aparecen. O último foi Paesa, cuxa biografía anda nas estremeiras do Código Penal e xa tan próximo a Cuarto Milenio que calquera día Iker Jiménez lle dedica un especial. O axente español obrigoume a buscar a miña lista de espías favoritos. Tras John Le Carré, por motivos literarios; Kim Philby, porque semella unha xustiza poética que lle pagues ao rapaz un college e che saia comunista, e Putin, porque lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
vendredi 28 octobre 2011

DESENROSCANDO A BOMBILLA (DA MIÑA HISTORIA PERSOAL DE EUSKADI)

HAI UNHA SEMANA que estaba desenroscando unha bombilla e Eta paraba a fábrica de sangue. No alto da escaleira, acordei de Wilson, El Inglés, fronte a unha cheminea de 1996 comentando a gargalladas como os enganara o compañeiro de comando, El Lobo. Pasaran dúas ducias de anos dende que asistira, horrorizado, na Rapadoira ao relato dun policía instruíndo a uns mozos sobre os usos alternativos das toallas molladas e os listíns. Daquela un tío que traballaba en Lemoiz miraba todas as mañás os baixos do coche. Pasara un lustro dende... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
mardi 25 octobre 2011

O TIRACOIOS DE ENEKO

Hai uns mediodías vin unha vixilante de seguridade cunha barra de pan baixo o brazo. Pola idade que representaba, non viña de nacer. Daquel pensei que era unha novidosa pedagoxía policial como xeito de combater á delicuencia. Se descubres a un chourizo, tes que envolvelo en pan. Xa sabedes, como ese único chiste que contan os 15M. Teñen tan altos os niveis de carraxe que nin acertan a relaxarse cunha broma. Reparei ao cabo en que sinxelamente se trataba de que a axente rematara a xornada e aproveitara para comprar o pan. Eneko tamén... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
samedi 22 octobre 2011

A MENOS ETA, MENOS ESPAÑA

Non me resulta agradable recoñecelo, pero estou de acordo nunha apreciación con Mayor Oreja. Partillo a súa opinión de que o cese de ETA provoca o arrastre de certas situacións cara a unha transformación. Non me refiro aos negocios familiares, no seu caso; senón a España no seu senso de estrutura administrativa. Borrado o terrorismo como factor de presión e condicionamento na vontade vasca, asistiremos -probablemente xa o 20-N- a unha redefinición do mapa dos tres territorios da CAV arredor de catro puntos cardinais, que son as catro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
jeudi 8 septembre 2011

ETA TEN SOLDADOS CLON?

O 20-n volverei mirar Star Wars, eu souben que o actor que encarnaba a Darth Vader era Francisco Franco, dende que asistín á película nos cines Astoria de Bilbao, por volta do 77. O éxito mainstream do Generalísimo, un señor xeneralisimamente vulgar cunha visión mediocre e unha formación intelectual de vella escola militar que cheiraba a alcanfor cuartelario e morriñas colonialistas, sempre llo atribuín ao aire que se daba con Edward G. Robinson, un extraordionario actor que sempre facía de malo adscrito á brigada político-social. Por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,