samedi 23 décembre 2017

PIRANDELLO DISPUXO SER ENTERRADO ESPIDO

CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba unha voz fonda, rusa e ortodoxa como a de Xabier Docampo. Tras emparentar coa nobreza da estirpe que manou de Covadonga a través da honrada e bela Carmen Polo, excusou de convocar eleccións ata que morreu. Non hai que fascine máis aos españois que unha espada que poña... [Lire la suite]

samedi 9 décembre 2017

O CHÉ É UN DESEÑO DE KORDA PARA AMANCIO

(Artigo para El Progreso) NON SE DEBE pasear a destempo. A arte de deambular estableceuna James Joyce no Ulises. Xerardo Quintiá confesoume o domingo pasado que nomeou Joyce ao seu can porque el lle «marca o ritmo para andar». O mércores saín da casa demasiado cedo. Fun parar á Milagrosa. Quixen curiosear na igrexa, pero aínda estaba pechada. Coeime por unha porta lateral. Non dera dous pasos cando unha señora con idade, roupa e disposición de beata se me achegou cun cirio enfundado nun plástico vermello. Sinaloume outro que... [Lire la suite]
vendredi 9 juin 2017

AS OVELLAS BRANCAS E NEGRAS DE EPIMÉNIDES

AS INSTITUCIÓNS con máis secretos non son axencias de espionaxe, son os matrimonios. A miña muller non sospeita o que curioseo no móbil cando nos deitamos. Fago un escorzo para que non vexa a pantalla. A flor do meu secreto, que diría cursimente Almodóvar, é a Biblioteca Estatal de Baviera. Adoito entrar cada noite na súa web; sobre todo, para contemplar libros incunables. Reúne a mellor colección do mundo. Algunhas primeiras edicións son soberbias. As poucas primeiras edicións que atesouro na casa son libros de Galaxia.... [Lire la suite]
vendredi 17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

  NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes no medio do perigo era a súa rebelión contra a rutina. Xa na mesa, trataba de concienciarnos como os últimos exemplares dunha especie que se extinguiría coa década dos 70: o homo degustador de comida. «En el futuro, os alimentaréis con píldoras de colores que no sabrán a... [Lire la suite]
dimanche 5 février 2017

OS ÁTOMOS, O ESPAZO BALEIRO E A OPINIÓN

O MARTES VISITEI a catedral de Lugo. Entro de cando en vez porque está tan céntrica como todas as catedrais que construíron cidades ao seu redor e porque me fascina ese amplo espazo cheo de recunchos intrigantes e figuras elevándose aos ceos. En cuestión de fe, coincido co filósofo grego Demócrito en que «existen os átomos e o espazo baleiro, todo o demás é opinión».O luns lera a copla de Antonio Burgos (Sevilla, 1943) á morte de Bimba Bosé. O columnista afeaba nun tuit a «boa viaxe» que Miguel Bosé lle dedicara á sobriña... [Lire la suite]
vendredi 16 décembre 2016

UNHA CARTA DESATENDIDA CONTRA A PARSIMONIA DOS REIS MAGOS

Os ordenadores están estragando a miña letra. Cando era mozo, escribía cartas con pulso de prateiro a rapazas que me lían lonxe, baixo as farolas de grandes avenidas. Daquela versioneaba libremente a Mallarmé: «Desolado por crueis esperanzas, acredito aínda no supremo adeus das bágoas». Agora escribo unha carta ao ano con letra urxente e incerta. Apelo a Papa Nöel para pedirlle un agasallo de Nadal. Dende neno fun dos tres monarcas orientais, pero reneguei de séculos de catolicismo antiluterano porque Santa Claus non ten a... [Lire la suite]