
A PASADA FIN de semana vinme conducido a unha praia pola miña familia. É sabido que as clases medias que habitaban a Cova Eirós, en Triacastela, decidiron acabar cos clans e organizarse en familias. Nese momento, a liberdade individual foi botada á sima onde se lanzaban os animais enfermos e os cadáveres dos vellos. Cando eu era un rapaz e veraneaba en Foz, éramos tantos —sumando avós, tíos pais e fillos— que nos coordenábamos coma un clan e non coma unha familia. Eu agradecíao porque podía esconderme na penumbra da casa...
[Lire la suite]