jeudi 15 janvier 2015

A FALSA (FALSA) BANDEIRA NO CHARLIE HEBDO

O paso dos días tras a masacre do Charlie Hebdo está volvendo os asuntos aos arquivadores asignados. Por unha banda, aparece un cómico líder de Al Qaeda para sermonearnos rodeado de símbolos de modernidade para que esquezamos o atávico dese discurso no que se permite metaforizar como Batalla Sagrada de París o asasinato sen piedade de doce persoas. Por outra, rexurde a esquerda das alucinacións que considera que o crime é unha operación de falsa bandeira da CIA. Perciben o servizo secreto de Estados Unidos coma un ente... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , , ,

samedi 24 septembre 2011

UNHA RUGOSIDADE INVASORA (HORAS ANTES DOS NEUTRINOS)

A primeira hora de onte, segundo deixei aos cativos no colexio, achegueime á miña biblioteca pública de referencia para retirar dous manuais de divulgación científica. O diálogo con Quique Bordell prendeu en min o misto de que, tal vez, a física cuántica me alentase a comprender o atranco palestino-israelí. Unhas horas máis tarde os teletipos asaltáronos cos neutrinos e os periodistas, expertos saltadores en piscinas baleiras, lanzáronse a renegar de Einstein. Segundo lin a Jennifer Ouelette, o alemán describiunos o espazo/tempo coma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,