samedi 1 juillet 2017

O SOL DETÍVOSE SOBRE A RÚA DAS TABERNAS

    DEUS INSPIROU a escrita da Biblia coa mesma ambición de grandiosidade e durabilidade que Cecil B. DeMille cando dirixiu a Charlton Heston en Os dez mandamentos. Deulle unha caxato e mandouno a separar as augas do mar Vermello. Non llo puxo fácil.Esa escena das Sagradas Escrituras resulta espectacular, pero a miña favorita é a de Xosué detendo o sol en pleno tránsito polo ceo. O astro rei «non se apresurou en poñerse durante un día enteiro» (Xos; 10, 21) para permitir que Xosué vencese a batalla contra os cinco reis... [Lire la suite]

samedi 24 juin 2017

A RISA DE ABEL CABALLERO NA CAMA

  A IMAXE É de 2011. Un artista cobra por transformar unha dependencia do Museo de Arte Contemporánea (Marco) de Vigo nunha habitación de hotel. O nome técnico e ridículo do proxecto que artellou o xaponés Michael Lin é instalación. O cambio de uso vén ornamentado desa retórica que xustifica e explica as obras baleiras. Antes, os artistas triunfadores amosaban técnica e oficio; agora, abonda cunha idea impactante. Na fotografía de 2011 vemos ao alcalde Vigo, Abel Caballero convidado á inauguración. Como foi el quen... [Lire la suite]
samedi 17 juin 2017

UNHA MISA PARA MALLO E UNHA CEGOÑA COXA

  O MUSEO PROVINCIAL de Lugo puxo o xoves unha gran sala de tiros longos para celebrar a Maruja Mallo cunha mostra. O país empeza a tomala en serio. A última vez que entrei no Café Zuckerberg lin que a anterior homenaxe que se lle fixera en Lugo a Mallo fora organizarlle unha misa. Rezouse por unha muller que se deu un garbeo en bicicleta durante unha eucaristía dominical na igrexa de Arévalo. En fin. Os que lemos o Libro de Xob sabemos que o Inferno é tan desagradable como un baño sueco, porque as almas condeadas «pasarán... [Lire la suite]
vendredi 2 juin 2017

HISTORIA AMPUTADA DA LITERATURA GALEGA

O SANGUE DO PINTOR Basquiat sufría unha oxidación progresiva dende neno. Andy Warhol retratou con manchas escuras na cara, unhas manchas que lle acabarían aparecendo de xeito natural. Supoño que a xente que vive rápido acaba oxidándose antes. Warhol tiña cincuenta anos cando coñeceu a Basquiat. El era un rapaz que vendía os seus cadros por un dólar a un marchante que os vendía 20.000 veces máis caros en Europa. Despois de triunfar, Basquiat pintouse como Plutón, o cego que repartía os cartos entre os esmoleiros que atopaba pola... [Lire la suite]
samedi 27 mai 2017

PINTADE HOLOGRAMAS DE CASARES, NENOS

  LEV TOLSTÓI ten unha novela cativa, El diablo, que debería parecerlle fumigante para o seu matrimonio. Tras escribila en dez días, escondeuna na cana dunha bota e alí viaxou o manuscrito ata que morreu. Temía que a muller a descubrise. O editor que se fixo cargo dese texto mostrenco debía de ter o olfacto apagado. El diablo (Galaxia Gutenberg) está protagonizado por un terratenente de San Petersburgo que ve caer o seu imperio polas débedas que deixou o seu pai no pasamento. Marcha vivir ao campo para administrar os... [Lire la suite]
mercredi 24 mai 2017

HEROES E REVOLUCIONARIOS NOS BISTROTS

O POETA ANTONIO Tovar debeu de ser un home superfluo. Vivía de soñar plans quinquenais para unha futura República Soviética Española nun curruncho clandestino ao que se accedía por unha porta discreta da Librería Tanco, fronte á comisaría da policía no Ourense franquista. Tovar repartía a santa doutrina marxista en follas volandeiras que deixaba caer distraídamente pola cidade; sempre acompañado polo seu can, Compañeiro Líster. Un día os amigos preparáronlle unha homenaxe no Restaurante O Pingallo. Non sei o motivo. Tanto... [Lire la suite]

jeudi 11 mai 2017

ATRASO EN GALICIA, VANGARDA NA ARTE

EN GALICIA confundimos sensatez e inmobilismo. Vemos pasar os avances fugazmente, coma eses trens supersónicos que corresponden a un cupo alleo. Somos un país tan de vía estreita que nin cupo temos. O próximo Ave irá cara a Bilbao con apeadeiro en Vitoria.Lin un treito da novela Patria. Tiña curiosidade porque está no Guinness dos eloxios. A prosa de Fernando Aramburu ten a cadencia do Telediario, os diálogos soan a tertulia de TDT e as escenas dramatizan Ocho apellidos vascos. Comprendo o seu éxito.O meu país de orixe merece unha... [Lire la suite]
samedi 22 avril 2017

BUSQUEN UN PISO ATLÁNTICO PARA CLAUDIO

BOA PARTE DA miña cultura musical procede da juke box que había nun bar dos anos 70. A máquina de discos ocupaba lugar solemne no Bar Pascasio, de Foz. Estaba entre mesas de billar e de pimpón, entre os futbolíns e os adolescentes que nacían e morrían na miña vida cada verán. O aparello contiña unha selección duns cincuenta singles: unha banalidade de Julio Iglesias, a voz trascendente de Nino Bravo e a reprogramación do nacionalismo que intentou Ana Belén cantando «España, camisa blanca de mi esperanza». Sabía deles pola... [Lire la suite]
samedi 15 avril 2017

DISPAROS VESPERTINOS CONTRA A LÚA CRECENTE

A PRIMEIRA VEZ que che morre un amigo sabes que é unha casualidade macabra. A segunda vez, comprendes que a vida é conducir por unha estrada na que se che cruzará unha árbore cando menos o esperes. Pero cando se encadean a terceira, a cuarta e a quinta ocasións asumes que o único seguro é palparte corazón a cada espertar. O sábado pasado Xosé Luís Sucasas apagouse sobre a súa bicicleta. Sucasas era o escritor de Lalín que me facía rir cada mañá no Facebook co seu humor irrespectuoso. Este ano natural morréronme Sucasas e outros... [Lire la suite]
samedi 8 avril 2017

A REAL ACADEMIA GALEGA NON É UNHA LENDA URBANA

      O MÉRCORES comprendín a falta de entradas para os concertos de Sés. Admiro a condición da cantante bergantiñá pola súa apertura panóptica cara ás músicas populares —da milonga ao rock—; admiro a voz ampla de rexistros e o poderío no seu manexo, e admiro a boa disposición das súas letras. Pero ata o mércores non a escoitara en directo. Foi no bonito e incómodo Teatro Principal de Santiago. Asistín á interpretación de Sés un pouco corcorvado, nunha postura que axuda a compensar a ameaza de xordeira e a... [Lire la suite]