dimanche 5 février 2017

OS ÁTOMOS, O ESPAZO BALEIRO E A OPINIÓN

O MARTES VISITEI a catedral de Lugo. Entro de cando en vez porque está tan céntrica como todas as catedrais que construíron cidades ao seu redor e porque me fascina ese amplo espazo cheo de recunchos intrigantes e figuras elevándose aos ceos. En cuestión de fe, coincido co filósofo grego Demócrito en que «existen os átomos e o espazo baleiro, todo o demás é opinión».O luns lera a copla de Antonio Burgos (Sevilla, 1943) á morte de Bimba Bosé. O columnista afeaba nun tuit a «boa viaxe» que Miguel Bosé lle dedicara á sobriña... [Lire la suite]

mercredi 7 décembre 2016

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA

  GÚSTAME acompasarme coa luz do día. No verán debo madrugar para gozala ao amencer; pero agora, na invernía lúgrube, podo xirar sobre min mesmo na cama como se fose un polo que asa a lume lento. Erguerme cedo dáme tempo para ler. O xoves, por exemplo, gocei dun cómic-disco de Berlai mentres fervía o café. Ese acougo prepárame para o tempo inevitable e pesado de exprimir zumes de laranxa como se fose o cociñeiro dun exército invasor. Menos mal que os Rolling Stones quitaron disco, Blues & Lonesome e puiden poñelo no... [Lire la suite]
samedi 26 novembre 2016

TI QUERES ISTO MÁIS ESCURO

  A superlúa foi unha megadecepción. Os únicos espectáculos irrepetibles son os naturais, por iso os valoro tanto. A seguinte superlúa brillará en 2034, seica. Non sei se estarei vivo daquela; nin sequera se terei ganas de estalo. Leo a Emile Cioran, o pensador romanés que naceu no Imperio Austrohúngaro, en Adiós a la filosofía (Alianza, 2016): «O feito de que a vida non teña sentido é un motivo abondo para vivir». Outro motivo pode ser mirar a superlúa de 2034 e acordarme da superlúa do pasado luns. Asomei á noite pola ventá... [Lire la suite]
samedi 23 avril 2016

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL

FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua na que Franco cabalgaba pola Historia sobre a praza de España. A crueldade máxima contra a escultura equestre de Coullaut Varela, inspirada —diría eu— na que ten Marco Aurelio sobre a Cuíña Capitolina de Roma, non foi a nocturnidade nin a clandestinidade, nin a violencia. O máis... [Lire la suite]