dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]

dimanche 24 janvier 2016

CARA DE GRUPO PARLAMENTARIO PROPIO

Dositeo é o galego que aínda ten fe no país. Ben, non é o único. Tamén están Yolanda Díaz e os outros cinco deputados de En Marea. O día no que se constituíu o Congreso puxeron cara do grupo parlamentario propio que non lograran constituír. Posaron para unha cámara en diferentes lugares do hemiciclo. Estaban todos xuntiños cos ollos brillando de fascinación e coas carteiriñas marróns brillando de crema para coiro. Parecían estudantes da UNED Senior na apertura do curso, parecía que viñesen de coñecerse en persoa tras meses de... [Lire la suite]