samedi 24 septembre 2016

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH

  O CONDE Shascha Koowrat sabía que ía morrer en días, probablemente en horas. Soamente tiña 42 anos. Fóra —Viena, 1927— chovía. Mandou ao seu chófer que collese un dos coches que el mesmo fabricaba —o Austro Daimler Sascha co que gañara a Suba do RiederBerg cinco anos antes— e fose buscar a Marlene Dietrich. Aquela noite de decembro era ben desagradable, pero a actriz accedeu porque o nobre lle dera a primeira oportunidade nos seus estudos, Sascha Films. Entrou no dormitorio do moribundo. Sascha, con voz apagada... [Lire la suite]

samedi 16 avril 2016

PIDO NÚMERO NA COLA DA PEIXERÍA DE ADA COLAU

Cada vez que saio da casa consulto no móbil a dirección do aire. Non vaia ser que sopre Nordés, que en Ribadeo consideran o primeiro vento que saíu da Caixa de Pandora. Temo que, un día, o Nordés traia unha refolada de Félix de Azúa que me envíe a un posto de pescado. Se unha exestudante de Filosofía con boas calificacións, como Ada Colau, «no está capacitada para gobernar a cuatro millones de habitantes», menos estou eu para destripar unha pescada ou filetear unha robaliza. Prefiro ser prudente: coller o papeliño e agardar... [Lire la suite]
dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]
samedi 16 mai 2015

O ÚNICO DEPORTE QUE NON É UN XOGO

O XORNALISTA norteamericano Abott Joseph Liebling lembra no libro Between meals, os xantares que gozou en París entre 1926 e 1927. O daquela estudante de Arte xustificou a estadía en Europa para aprender na mellor universidade, A Sorbona. Lonxe de visitar a facultade, Liebling dedicou o seu tempo a percorrer toda canta casa de comidas e hotel servía un menú. Tamén a especular con ser boxeador profesional.Ningún dos outros fillos de rico cos que compartía residencia universitaria considerara practicar o que o cronista español... [Lire la suite]
mercredi 21 janvier 2015

A HONESTIDADE ASUSTA, IMAXINO

A miña exploración de Máscaras rotas para Sebastián Nell de Alberto Ramos continuó esta mañá lendo canda principio da madrugada. Sebastian Nell, o actor protagonista, reflexiona sobre un xornalista de Cultura que "era tan profesional que se negaba a manter amizades profundas coas persoas deste gremio (teatral) porque eramos a súa materia prima. (...) Infundía respecto. A honestidade asusta, imaxino. El era honesto en cada palabra que escribía e en cada pregunta que lanzaba. Por iso gozaba de poucos amigos en xeral e moitos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
dimanche 1 juin 2014

O DEPORTE MÁIS NOBRE AO AIRE LIBRE

O MEU TÍO JUAN, que era carlista-leninista, marchou convencido á División Azul. Descansaba do sobreesforzo da Guerra Civil no cuartel do Conde Duque, en Madrid. Fartara de atopar espidos e mortos —que diría Mailer— como todos os demais, pero o seu ánimo ergueuse porque quedaban tres inimigos a combater a fusilazos: o marxismo, o ateísmo e a evasión de ouro a Moscú.Cicerón matiza que «as guerras nas que se loita pola supremacía do Imperio» son xustas, «pero nas que se loita pola gloria debe combaterse con menos dureza».... [Lire la suite]