dimanche 24 juillet 2016

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE

  CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou á moza e intentou violar á irmá desta, pero si comprendo a súa confusión cando o botan da prisión. Pega as costas contra o muro do cárcere de Tegel porque «é unha sorte vivir entre paredes: sábese como empeza o día e como sigue». Mantense quieto ata que os gardas lle berran.... [Lire la suite]

vendredi 16 janvier 2015

LER A ALVITE, COMER LARANXAS, LAVAR OS DENTES

Morreu Alvite. Era un deses galegos sornentos e de escrita aseada que tanto aprecian en Madrid. O galleguiño failles chiste lido e non escoitado. Acontece o contrario cos andaluces, dos que soamente se rin polo acento e polo humor gargantuesco; non cando escriben, que se lles pon cara de asistir en representación da casa ao enterro dun tenente de alcalde, como lle pasa a Muñoz Molina. Houbo unha década aí atrás en que ler a unha vez ao día Alvite era un hábito, coma comer tres laranxas diarias e lavar tres veces os dentes.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:23 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,