vendredi 23 mai 2014

A FESTA DOS RAPACES

Esta maña viaxei ata Vigo para falar no Colexio Seis de Nadal sobre Os Sabuxos entran na Casa do Pé Esquerdo. Acceder ao centro requeriu que me inventase unha paciencia da que carezo. Timbrei varias veces e, na derradeira, unha muller acodeu a abrirme. Desculpouse. Non sentía os meus reclamos porque o recibidor estaba asolagado de música. Ao acceder ao interior, atopei media ducia de rapaces danzando en cadeiras de rodas grazas a tres mulleres que ían empuxando e arrastrando para atrás as súas cadeiras e cantaruxando. E pensei... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

mardi 20 mai 2014

PAULA PRADO, A INCRIBLE MULLER MINGUANTE

  Paula Prado parecíame un achado do Partido Popular. As súas cualidades eran estranas na política galega. Daba ben en cámara e era quen de expresarme con soltura razoable en galego malia o seu perfil capitalino e pentavogálico. As mensaxes non melloraban as catro ideas forza redactados polas personas con ideas da súa formación, pero a mocidade, a beleza e a capacidade para pronunciar as palabras de xeito intelixible convencérome para aceptar que fora unha elección acertada de Feijoo. Pero, claro, os regalos de la hostia,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 9 janvier 2012

FEIJOO ADÍA AS ELECCIÓNS A 2016

Feijoo confunde os verbos 'adiar' e 'adiantar'. Cando recoñece que vai 'adiantar' as eleccións, expresa que vai 'adiar' as eleccións. As eleccións galegas non se desenvolverán ata 2016. Antes -si, claro- teremos -seica no outono- un plebiscito sobre a súa xestión, que mediremos no número de deputados que sumen para a maioría absoluta do Partido Popular. Como a oposición non está nin se lle agarda neste tempo da seitura, contaremos os votos de aplauso ou conformidade nun montón e os votos de disconformidade noutro. Todo o que vai mudar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:07 - Commentaires [5] - Permalien [#]
Tags : ,
lundi 26 décembre 2011

UNHA BIBLIA E UN COLT 45 PARA SER MINISTRO

Papa Nöel deixoume unhas gafas panorámicas, a xeito de Ôscar Dalmau. Grazas a elas estou vendo a realidade en HD, reparando decepcionado en que é aínda máis de color de asfalto emlamado do que temía. Imos botarmos ao precipio dun novo ano sen dilucidarmos se ese brillo que se ve contra decembro do 2012 é que sairemos do túnel ou, case que máis probable, o tren vense a nós. Feijoo amósanos os petos voltos para fóra coma dous buratos negros por toda motivación da súa política, tan resoluta e esmagante nas postas en escea... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
jeudi 1 décembre 2011

UN VOO A MARTE CON RYANAIR

As estadías en Marte teñen as súas vantaxes. Encántame botar un tempiño aquí todos os anos. Nunca imaxinei tanta oferta para o lecer ata que a 'Guía turística de Marte' (Akal), de William K. Hartman, mudou a miña perspectiva. Neste planeta atópanse sorpresas excepcionais. Agora estou gozando mirando as estrelas no medio e medio do día. Neste planeta excusas de agardar a que anoiteza e o alcalde decida apagar farolas por mor da crise e a excusa da contaminación lumínica. Aínda que todo ten a súa banda negativa, mesmo ser xenro do Rei,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 23 novembre 2011

"COMO IMOS CONSTRUÍR UN PAÍS SE O ÚNICO DEBATE É GAÑAR Á UPG?"

"Como imos construír un país se o único debate é como gañar á UPG?", laiábase o sábado ao mediodía un exmilitante do Bloque cerca do parque de Rosalía de Castro. Eu viña de aparcar diante dos xuzgados, que estaban escoltados polos familiares duns romaneses acusados de violación dunha banda e polos achegados duns xitanos aos que se detivera por algo de drogas, penso, doutra. "Con estes, polo menos, falamos de Galicia", continuou o meu amigo coas fazulas saltando lixeiramente pola carraxe. Para a miña sorpresa referíase a dous mozotes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
mercredi 2 novembre 2011

CONTANDO AS FERIDAS QUE ME PROVOCA ESTE NOVEMBRO

Este novembro entrou no calendario a paso torpón, con preguiza. Van repoñernos 'Mariano en tiempos revueltos', cun protagonista que promete traer a felicidade coma se fose un objeto aprehensible e transportable o 24D nun saco de Papá Andreu. Por aí andan tamén dando a prosma 'Los Serrano', con Rosa Díez berrándonos as bondades de contar cunha serra grande e libre para mellor marcha da carpinteiría, como se a Artxanda que ela debeu de gozar de moza fose unha réplica a escala en gomaescuma do Sistema Penibético. O que máis nugalla... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mercredi 19 octobre 2011

COLLEITA VERMELLA

Debo andar daltónico, porque onde o tópico nos amosaba un país verde, agora vexo hai un país vermello. Obviamente, hai delincuentes que son culpables, "non é culpa da Xunta nin das brigadas", como defende o presidente. De acordo. Acontecía o mesmo cando o bipartito, aínda que os titulares incriminatorios daban a impresión de que Suárez Canal andaba tarareando a Daddy Yankee polo monte adiante. Feijoo di verdade cando proclama que nunca houbo tantos efectivos para combater este averno rural, pero non caiamos no sofisma parcial: nunca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
mercredi 12 octobre 2011

A LEXIÓN DESFILA NUNHA GASOLINEIRA DE GUITIRIZ

A Lexión circula "a 180 pasos por minuto y un solo corazón", segundo exclama Intereconomía, cos seus redactores nun rapto de tumefacción española que lles vai no punto 3 do contrato. Aproveitando que o gran centro comercial pecha por festivo, cítome cunha casada na área de servizo de Guitiriz -que, en Madrid degradan coma 'gasolinera'(sic)-. Que non anote Pedrojota, que a casada coa que me citei é a miña muller. Detéñome nesa área de cando en vez, raramente porque me resulta cara. Nunha desas paradelas merquei un tomazo coa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:56 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , ,