samedi 7 juin 2014

A CONSTITUCIÓN, LITERATURA DE DRAGÓNS E ESPADAS

O paseo de hoxe foi tamén con destino marcado. Achegueime ata Frutas El Valenciano, en Montirón, para mercar unhas patacas. De camiño déuseme por dubidar se os comerciantes desa tenda falarían galego. Logo contesteime reparando en que eu son vasco e fillo de vascos. A dúbida duroume uns segundos de impostura, algo que a monarquía leva séculos cometendo en Europa e Asia con plausible éxito. No caso de Europa, os reis teñen unha función exclusiva de garantiren o mito e a tradición; non acontece coma cos sátrapas árabes, que asemade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mardi 3 juin 2014

UN FALSO ACELERÓN NA HISTORIA DE ESPAÑA

A xornada foi unha desas nas que a Historia acelera e nos adianta sen que nos decatásemos porque, cando miramos, corría pola zona morta do retrovisor. Abdicou o Rei para que non abdicase a monarquía. Nada cambia. A xefatura de estado español terá a mesma base irracional con Juan Carlos I ca con Felipe VI. A Historia de España semellou acelerarse porque hai un cambio de persoas, pero a institución vai continuar intacta -cos seus privilexios extravagantes e as súas obrigas formalistas-; logo foi unha aceleración en falso, limitada a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,