dimanche 18 mai 2014

UNHAS LETRAS AZULGRANAS

Hai un chiste do que tiro con recorrencia para xustificar a miña desafección pola lectura de poesía. Alego que o médico tenma prohibida poque me perturba o equilibrio da tensión. A broma, como consecuencia da súa reiteración, volveuse realidade. Levo unha semana coa tensión propensa ao xigantismo. Non fumo, raramente bebo alcool; a causa é ben outra. A culpa é das Letras Galegas, en xeral, e de que llas dedicasen a un poeta lucense, en concreto. Xosé María Díaz Castro, natural de Vilariño dos Cregos, en Guitiriz, provocoume unha... [Lire la suite]