jeudi 21 juillet 2016

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO

O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado, tanto que non aprendera a apreciar a Agustín Fernández Paz. Deille a volta ao mantel de papel e quitei un rotulador para debuxar nun esquema a estrutura de Cartas de inverno, cos seus saltos temporais e a súa xestión harmoniosa da intriga. Aquel día convertíno ao agustinismo.... [Lire la suite]

samedi 4 juillet 2015

A VOSTEDE TAMPOUCO LLE GUSTA, VERDADE?

Galicia tomou en serio a arquitectura soamente dúas veces na súa historia: na primeira deu o románico; na segunda, o barroco galego. O historiador Ramón Villares tenme falado dese tempo no que Galicia refulxía, no século XVII. Estou por non acreditar en que foramos algunha vez un país rico, pero Villares é un sabio e abóndame a súa palabra. A maiores, conservamos os fósiles pétreos dos marabillosos pazos e igrexas do noso barroco. O románico quedou lustroso no país e mesmo demos moldeado un barroco particular. A complicación... [Lire la suite]
samedi 27 juin 2015

O CÍRCULO DOS CABALOS CONTRA OS LOBOS

HAI UN CHISTE recorrente que me fai unha graza estúpida: «Dimitir, ese nome ruso...» Dimitir é un verbo en desuso, como outras tantas palabras do galego; que quedaron perplexas, tan desorientadas como está a nosa lingua en si. Manuel Guede, o director do Centro Dramático Galego (CDG), conxugou o verbo. «Razóns persoais», alegou. Razóns persoais son ese papel de celofán que adoita envolver desencontros, resentimentos, envexas ou condicións de traballo mellorables.Guede estivera xa catorce anos dirixindo a compañía pública galega,... [Lire la suite]
samedi 20 juin 2015

UN PIANO QUE SAÍU VOANDO POLOS AIRES

  Hai quince días viuse un piano de cola sobrevoando o Círculo de las Artes, en Lugo. Eu souben de tal marabilla por unha fotografía que me o secretario da Sociedad Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, me remitiu por wathsapp. Saín correndo cara ao Círculo, consciente de que os espectáculos máis fascinantes son os improvisados —e nesa falta de aviso reside a súa forza—, pero cheguei tarde de máis para ver o piano negro colgado dun guindastre. O instrumento estaba destinado ao concerto que Ivo Pogorelich había de dar no... [Lire la suite]
dimanche 13 juillet 2014

O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE

A heroica cultura de Galicia durmía a sesta cando un tremor a axitou: a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar as Letras Galegas a José Filgueira Valverde. Como golpe de efecto é insuperable. A Academia, resignada a ser administradora concursal da nosa cultura, escolleu unha Conchita Wurst, a súa señora con barba, a súa figura discordante, para gañar a Eurovisión do 17 de Maio. Os candidatos eran cinco. Tres xerarían tensión -Filgueira por franquista, Manuel María por nacionalista e Carvalho Calero por reintegracionista-.... [Lire la suite]