
FRANCIS SCOTT Fitzgerald teimou en ser quen non era. Botou unha tempada agobiado polas dimensións do seu pene. Hemingway levouno de xira polos museos para homologalo. Como non o deu convencido, acompañouno a un baño para servirlle de modelo. Acougou, pero deulle a teima de ser rico. «Dende o bacherelato ata a universidade preocupoume que non había de ir a Yale», confesa nun ensaio de Mi ciudad perdida (Zut). Ao tempo que se sente excluído da élite formativa, confesa a envexa do seu amigo Perry, quen «naturalmente, nunca foi á...
[Lire la suite]