samedi 28 octobre 2017

NOSTALXIA DE TODOS OS POSTOS FRONTEIRIZOS

A MIÑA NAI chámase Itziar, pero un funcionario dos anos 30 cunha ringleira de formigas camiñándolle sobre a boca dedidiu que Itziar non era un nome, era un ladrido vasco. O señor gris perla improvisou un bautismo civil e secreto, como se ela fose criptoxudea. Puxo María Jesús na partida de nacimiento e esmagoulle o selo da aguia coa cabeza virada. Ignoro o nome que figuraba no carnet de identidade de Francisco Umbral, que se chamaba, de nome burocrático, Francisco Alejandro Pérez; pero a miña nai optou por Itziar como... [Lire la suite]

lundi 1 mai 2017

A PERSPECTIVA VARIABLE DO CUCO

O DOMINGO pasado consagreino a un torneo de fútbol. Todo o meu interese estaba centrado en ser pai, dun xogador. O sol bregou toda a xornada, polo que puiden pasear as horas polos arredores do estadio. Cando vexo herba, ese pelo que lle medra á terra, non me resisto a lembrar a miña infancia burguesa nun entorno labrego e deitarme no verde. Quedei durmido, como temía, e espertei coa alarma dos paxaros, ese xeito bucólico de acordar que gocei nas primaveras da nenez. Unha das aves que soaba era un cuco. O cuco foi a derradeira... [Lire la suite]
vendredi 17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

  NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes no medio do perigo era a súa rebelión contra a rutina. Xa na mesa, trataba de concienciarnos como os últimos exemplares dunha especie que se extinguiría coa década dos 70: o homo degustador de comida. «En el futuro, os alimentaréis con píldoras de colores que no sabrán a... [Lire la suite]
samedi 4 février 2017

BALEA

Soñei co meu tío Santiago. Atopeino pola rúa. Cando faleceu pesaba máis de cen quilos, pero no soño camiñaba lixeiro, uns milímetros sobre o pavemento. Deume un abrazo cariñoso, pero breve e urxente. Díxome que tiñamos que reunir á familia agora que el estaba de regreso no mundo. Levaba présa. Buscaba un restaurante no que devorar o tempo extra e saborear un chuletón. A morte intensificara a súa convición vitalista de que debía de ser feliz, como se unha firma de coches de elite lle confirmase que a súa vida non tería sentido senón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 06:04 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , ,
jeudi 21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

  O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión por mimetizarse con 40.000 francos que aforrara nas colonias "privándose de todo, mesmo de café e tabaco, usando ano tras ano a mesma roupa de algodón", segundo lle leo a Henry Miller en El tiempo de los asesinos (Alianza), mentres traficaba con goma, plumas de avestruz,... [Lire la suite]
vendredi 23 janvier 2015

OS DIARIOS DO BALONCESTO

Eu lanzaba unha Spalding á canastra no campo de baloncesto que había a vinte metros da miña casa. As dimensións daquela cancha eran indeterminadas: cativeiras para un campo regulamentario, pero excexivas para un de minibasket. Era setembro e era sol aínda. Eu andaba suando uns 18 anos moi novos, soamente tiñan quince días. Lera que Petrovic adestraba dúas horas máis que os compañeiros e eu ía a ser Petrovic. Tiraba unha e outra vez á cesta, en series luteranas dende diferentes posicións. Daquela tiña un single de Jim... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
dimanche 14 décembre 2014

AS FENDAS NA CASCA DAS ABELÁS

Tarde de cine con Sara e Antón onte. Fomos mirar Interestellar. Fascinante lección sobre o Ser o Tempo. Non deixo de lembrar a Heidegger en toda a proxección. Os protagonistas son seres tratando de escapar ás horas que os matan para continuar vivindo. O filme ten mesmo algúns desvíos pedagóxicos no guión que se agradecen porque explica dun xeito comprensible os buratos negros, os buratos de verme e as catro dimensións (ancho, alto, fondo e tempo), á que engaden a gravidade como quinta. O meu pai era físico, pero eu non paso de... [Lire la suite]
jeudi 16 octobre 2014

ESPAGUETES

Unha noite de hai trinta anos o meu pai estaba ceando nun prato de barro. A cazola era cativa. El parecía protexela co corpo, como se dese agarimo a un gatiño recén parido. O prato marróne estaba cheo de fíos grosos, como de lá branca, adornados cun par de chiles vermellos. O meu pai sorría gozando as angulas que lle regalaran. O aceite brillaba reflectindo a luz eléctrica. A miña pregunta foi insolente: «E non sabería igual se usas espaguetes?» Nada retrucou. Calou mastigando a ira. Uns días máis tarde, o meu pai espertoume ás... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:56 - Commentaires [6] - Permalien [#]
Tags : ,