vendredi 2 juin 2017

HISTORIA AMPUTADA DA LITERATURA GALEGA

O SANGUE DO PINTOR Basquiat sufría unha oxidación progresiva dende neno. Andy Warhol retratou con manchas escuras na cara, unhas manchas que lle acabarían aparecendo de xeito natural. Supoño que a xente que vive rápido acaba oxidándose antes. Warhol tiña cincuenta anos cando coñeceu a Basquiat. El era un rapaz que vendía os seus cadros por un dólar a un marchante que os vendía 20.000 veces máis caros en Europa. Despois de triunfar, Basquiat pintouse como Plutón, o cego que repartía os cartos entre os esmoleiros que atopaba pola... [Lire la suite]

lundi 1 mai 2017

A PERSPECTIVA VARIABLE DO CUCO

O DOMINGO pasado consagreino a un torneo de fútbol. Todo o meu interese estaba centrado en ser pai, dun xogador. O sol bregou toda a xornada, polo que puiden pasear as horas polos arredores do estadio. Cando vexo herba, ese pelo que lle medra á terra, non me resisto a lembrar a miña infancia burguesa nun entorno labrego e deitarme no verde. Quedei durmido, como temía, e espertei coa alarma dos paxaros, ese xeito bucólico de acordar que gocei nas primaveras da nenez. Unha das aves que soaba era un cuco. O cuco foi a derradeira... [Lire la suite]
lundi 2 janvier 2012

ROSALÍA TAMÉN ERA QUEER?

NUNCA me preocupou o que faga cada quen co corpo en prime time. Botei un trienio tratando de aclararllo a uns meus amigos e homosexuais da Compostela dos 80. Algúns leran o Burroughs de Queer —Marica (Anagrama)- e sabían que Allerton ás veces «se deixa querer» polo protagonista. As contadas oportunidades encendían o desexo de Burroughs, como llo acontecía a Jean Genet con Stiliano, o seu chulo. Tanto Burroughs coma Genet se prestan a unha lectura ‘queer’, pero non se pode extrapolar. Teresa Moure vén de gañar o Piñeiro cunha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:23 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,