mardi 20 janvier 2015

CORVOS DEBICAN SAL NA NEVE

A neve nada ten de especial. Nada ten de especial se viviches sempre no interior do país, pero o meu país era un país de costa e en Ribadeo nunca nevaba. O meu pai levounos un día no 124 marrón a coñecer a neve ata Os Oscos (non vou citar a García Márquez, tranquilos; paréceme infantil e ridículo). Ás veces nevaba en Ribadeo; cunha regularidade semellante á das chuvia no deserto. O meu pai andou traballando durante un ano no Sahara buscando gas para unha compañia británica e foi un ano tan seco que, irritado, tivo que... [Lire la suite]