
Morreu Alvite. Era un deses galegos sornentos e de escrita aseada que tanto aprecian en Madrid. O galleguiño failles chiste lido e non escoitado. Acontece o contrario cos andaluces, dos que soamente se rin polo acento e polo humor gargantuesco; non cando escriben, que se lles pon cara de asistir en representación da casa ao enterro dun tenente de alcalde, como lle pasa a Muñoz Molina. Houbo unha década aí atrás en que ler a unha vez ao día Alvite era un hábito, coma comer tres laranxas diarias e lavar tres veces os dentes....
[Lire la suite]