vendredi 23 septembre 2011

LUGO EN NADA SE ASEMELLA A GRECIA

GRECIA NON é Lugo, din os gobernantes para tranquilizarnos. Un día, xa de adulto, decidín crer nos políticos coma eses amoríos que un atura por non comer as bolsas de patacas en solitario. Máis ca nada por aforrarme disgustos, que ben me chega o recibo do IBI. Agora, un político asegura que a crise helena non ten un aire coa nosa e asinto. No caso grego mesmo é certo. Nada o asemella a Lugo, e non o digo polos iogures, no que estamos lonxe do seu acabado. Eles non poderán pagar a calefacción, pero valoran o seu sistema filosófico e o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

vendredi 16 septembre 2011

QUIQUE BORDELL TEIMA EN FALARME DOS UNIVERSOS PARALELOS UN LUNS POLA NOITE

LUGO ESTASE volvendo perigoso polas noites. O luns volvía para casa tratando de que a carroza non se me transformase en cabaza cando atopei a Quique Bordell. Quique, tan imprevisible como a súa pintura, prendeu a falarme de física cuántica, esa que estuda o comportamento dos elementos subatómicos. El instruíume sobre a hipótese dos ‘moitos mundos’, de Marcus Chown e eu, educado por monxas en Ribadeo, deixeime. Chown aventura que, malia que nós decidimos por cal de dúas regandixas dunha caixa metemos unha moeda, no microcosmos acontece... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:40 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
jeudi 15 septembre 2011

TODA GRECIA DEIXARÁ DE RESPIRAR IMITANDO A DIÓXENES

Cada mañá embadurno as torradas cunhas capa máis fina de manteiga, como fan algunhas empresas que pavimentan estradas. Adoito almorzar un café escuro e unhas gráficas do sistema Defcon, que calcula o risco de quebra de España. Canto máis soben as liñas de serra máis manteiga aforro. A invernía logo asomará a pata de cordeiro pola regandixa da porta, polo que vou precisar toda a graxa. A teoría do aforro pode resultar esaxerada, pero aprendeuma Dióxenes unha noite en Atenas. Eu paseaba o estómago, convertido nun océano de viño tinto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,