
ANTÓN LOPO telefonoume aí atrás coa súa voz esclarecida. «Jaure, déronme un premio. Temos que celebralo. Vén a Monforte de Lemos. Convido a unha botella de viño». Fixo un silencio bursátil e matizou: «Viño do bo». Os poetas saben acariciar eses detalles imperceptibles. É bo poeta. Un xurado unánime vén de concederlle o Lueiro Rey por Corpo.
Subín en Lugo ao tren máis rápido que temos e que me foi conducindo «pola beira do Miño,/ me leva e me leva polo meu camiño./ O tren vai andando pasiño a pasiño/ e...
[Lire la suite]