vendredi 15 mai 2015

OS SETE ANANOS NOBEL DE GALICIA

A cultura galega gañou sete premios Nobel, pero ninguén o sabe. Os sete premios Nobel galegos son sete ananos de meixelas sonrosadas que acariñan os seus bandullos brancos e mantecosos coma queixos. Os sete nomes que teñen son Narrativa, Teatro, Poesía, Ensaio, Xornalismo Cultural, Tradución e Infanto Xuvenil. Os sete eles son uns xenios, pero durmen un soño eterno que lles impide viaxar a Suecia para recoller cadanseus galardóns. Varios escritores recoñecidos cos galardóns da Asociación de Escritores en Lingua Galega actuaron coma... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

jeudi 14 mai 2015

CASANDRA

  O problema dos nosos tempos é que "o futuro non é o que era», advertía Paul Valéry hai un século. Antes, o futuro era un espazo xuvenil e fresco, cheo de promesas que nos facíamos sen a sensación de mentirnos nin de rezar para que un deus menor nos librase dunha tormenta. Apollinaire recomendaba esquecer o futuro porque a verdadeira vida está ausente en cada segundo que perdemos en tratar programar a ruta no GPS. Pero non podemos deixar de pensar nesas horas e neses meses e nesas noites que se nos botan enriba sen darnos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
dimanche 25 janvier 2015

O CEO DO SAVOY ESTRELADO DE OBUSES

    NO ANO 1983 o meu pai mandoume en misión diplomática á Universidade de Santiago. Como non tiña intención algunha de memorizar libros; unicamente de lelos, busquei un lugar equidistante de dúas facultades áulicas: Dereito e Farmacia. Xusto nese punto, atopei un fogar na cafetería do Sindicato Español Universitario (SEU). Todo era amplo nesa institución hostaleira: os horarios, os ventanais e a selección de prensa.     Cada mañá asitía á facultade co desencanto cansino co que Alvite comparecía na caixa... [Lire la suite]