jeudi 14 juillet 2016

SEN SOLAS DE VENTO NO RESURRECTION FEST

Maruja Mallo tivo que chamar un día á Policía. Estaba facendo ximnasia no dormitorio, en Madrid. O veciño de enfronte non cansaba de observala. A artista de Viveiro era maior e seguía o consello médico: erguía os brazos e baixábaos, xiraba o pescozo arredor de si coa convición dunha posuída pola Besta. O veciño miraba dende a outra banda do patio de luces. Cando chegaron os axentes, a creadora explicoulles que o voyeur non lle perdía a vista porque levaba posta unha viseira do PSOE, «que me regaló Alfonso Guerra porque es amigo... [Lire la suite]

mercredi 30 septembre 2015

A RECORRENTE AMEAZA DE INVADIR POLONIA

  POLONIA É UN país moi invadible. Está situado entre o Sacrosanto Imperio Xermánico e a Gran Rusia, que son potencias cun ánimo cíclico de rexurdir. O meu veciño Félix invadía Polonia todos os sábados no seu salón. Nunca viña xogar connosco ao fútbol se era sábado. Quedaba tranquilo na casa, invadindo aquel país fráxil con exércitos de soldadiños e panzers de xoguete. O pai colocáballe a cada lado da mesa un altofalante e poñíalle vinilos de Mahler. A súa música dese compositor paréceme pusilánime incluído o precioso... [Lire la suite]