lundi 12 septembre 2011

AS BÁGOAS DE CONDOLEEZA

Os nosos representantes públicos deben de andar con mala conciencia. Non me explico doutro xeito ese empeño en quitar a colada do cesto para amosarnos que eles tamén deixan manchas amarelas e agochan hipotecas a medio pagar no seu backstage patrimonial. Supoño que tratan de imprimir un leve cheiro a vulgaridade nas súas imaxes rampantes. Mesmo un home inflexible e xusticieiro como era o vicepresidente norteamericano Dick Cheney humaniza a gobernanza recoñecendo nas súas memorias, 'No meu tempo', que unha vez agromaron unhas bágoas no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,