
NAPOLEÓN ERA galego, ou cando menos naceu aleitado por un espírito galego. Max Gallo conta no voluminoso Napoleón (Planeta) a chegada de Buonaparte con dez anos á Escola Real Militar de Brienne. A cada infante asignábanlle unha parceliña de terra para que cultivase e coñecese a vida labrega, nese neorruralismo o que afectou á burguesía urbana de París tras facer a Revolución. Os compañeiros sementaron. Napoleón tamén, pero antes chantou paos arredor da súa chousa para protexela.
Espanta ler a Thomas Bernhard...
[Lire la suite]