vendredi 28 octobre 2016

O DESPREZO DE UMBRAL E O RECENDO VARONIL

O MARTES parei comprar xabón de mans Magno Classic antes de ir ao xornal. Empecei a usar ese xabón cando tiña 19 anos e estudaba en Santiago. A miña habitación no hostal estaba pegada á de Raúl. Cando cheguei á redacción souben que a editorial Nocturna me enviara La península (1970), de Julien Gracq. É unha novela fascinante polo levísimo da súa trama e o interesante da lectura. Todo o que acontece é que un home conduce ata unha estación de tren para buscar ao seu amor. Ela non aparece. El marcha percorrer Bretaña.O mércores... [Lire la suite]

samedi 21 janvier 2012

"HAI ALGO QUE NOS DIFERENZA DO PARTIDO POPULAR"

Scott Fitzgerald andaba acomplexado co tamaño do seu picholo. Hemingway auxiliouno moralmente visitando museos para compararse co modelo idealizado na arte, sempre tendente a buscar os equilibrios. Andaron medindo a ollo homes esculpidos e varóns pintados, todos espidos, ata que Scott confesou ao cazador branco, corazón negro, que era o seu modelo. Ernest accedeu a acompañalo a un baño masculino e, medindo unha e medindo outra, concluíron que a descompensación era unha cativez, segundo conta Boris Vejdovsky na pimpante Hemingway.... [Lire la suite]
lundi 5 décembre 2011

HEMINGWAY ERA UNHA NENAZA

HEMINGWAY PADECEU O SEU trienio negro, tres anos durante os que foi unha nenaza. Superouno a base de testoteron en vea. Como bo pescador, unha parte foi real e a outra hiperbolizada. Unha boa carga da segunda desembocou en ¿Por quién doblan las campanas?, que retoma Lumen. O título parece unha retranqueira ofensa nestes tempos nos que esquecemos que existen os suplementos culturais porque as páxinas salmón devoran toda a nosa ansiedade sobre o futuro. Dobran por todos. Hemingway estaba curado contra iso, porque afirma, en Unha festa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,