
O calendario maia, preciso el, interrómpese contra a fin do 2012. Os Iker Jiménez que nos meten medo cando miramos o televisor en solitario, albiscan un caos de ampla magnitude. Mesmo algúns nos remiten á porta de saída da especie. Tantos milleiros de anos agardando a quenda para nacer e ter que marchar innegociablemente. Por iso, outros deducimos que os maias acabaron a pedra na que ían pronosticando os milenios vindeiros. Non lles vou negar intuición aos asustadizos. En Lugo empezamos o ano ardendo por tres costados. En España,...
[Lire la suite]