vendredi 5 août 2011
OS PREMIOS DA CRÍTICA RENACEN SEN DAR SOTERRADA A POLÉMICA ENTRE OS FUNDADORES
A entrega dos premios da Crítica de Galicia foi presentada onte polo presidente da entidade convocante, Bieito Ledo, como unha «refundación», sen lograr apagar as faíscas da polémica co seu antecesor, Xosé González. A desputa provocou que este ano non se concedesen arredor das Letras Galegas, como adoito, e se trasladasen ao vindeiro día 22 de outubro. Ambos os dous tomaron parte activa na creación destes galardóns en 1978, que se fallaron sen maiores atrancos durante 33 anos nun devalar interrompido na pasada primavera.
A... [Lire la suite]
jeudi 4 août 2011
OUVIRMOS APRENDE A COCIÑAR CORAZÓNS DE FANTASÍA DE AMANITA MUSCARIA
Catro profesores da escola de hostalería de Sober prepararon receitas para que os nenos maiores de oito anos aprendan a cociñar que serán recollidas en dez libros. Os dous primeiros volumes, que se publicarán a mediados do vindeiro mes, están dedicados a bocadillos e sandwichs, e a sobremesas. Cada libro contén 20 receitas, que veñen ilustradas con cadansúa fotografía e que suman 56 páxinas, que se venderán a 16 euros. Ao primeiro explícanse os materiais e ingredentes precisos para elaborar cada unha. Despois enuméranse os... [Lire la suite]
vendredi 10 septembre 2010
MIQUI OTERO SITÚA UN 'VIEJOVEN' NUN EDÉN INMOBILIARIO EN 'HILO MUSICAL'
Miqui Otero vive rodeado de viejóvenes, de veinteañeros que ignoran que hacer con sus vidas, aunque tampoco tienen claro si deben hacer algo con ellas. Ese desencanto es el motor que mueve Hilo musical (Alpha Decay), la novela con la que se incorpora al ámbito de los escritores con obra publicada. El protagonista es Tristán, que se va a descubrir a si mismo viviendo en una macrourbanización de ocio, «un parque temático de la cultura del ladrillo, uno de esos sitios en los que está lo peor del ser humano», opina el novelista barcelonés... [Lire la suite]
jeudi 9 septembre 2010
MARFUL ESCRIBE UN 'MANUAL DE SEDUCIÓN'
A banda Marful regresa este mes con Manual de seducción, un disco «con influencias das varietés, da música ambulante e chiscadelas ao music hall», segundo informou a súa cantante, a focense Ugia Pedreira. O álbum móvese aos ritmos de twist, slow, swing, pasodobres, jotas e mambos. A artista indica que no traballo de hai catro anos, que levaba o nome do grupo «e estaba dedicado ás orquestinas galega, mentres que desta volta guíanos a música ambulante, o music hall, a música de postais». O son tamén ten novidades «porque Marcos Teira... [Lire la suite]