vendredi 1 avril 2016

O HOME QUE NAMORU DE EMMANUELLE

O HISPANISTA Stanley Payne denunciaba o venres que «en España se usa la Historia para fines políticos». O historiador reprochábao ao vento como se fose unha singularidade española. A seguir, defendía que Franco deu o seu golpe de estado sen querer, porque en África o ocio era moito e a calor pesada, porque pensou que desatar o monstro bélico era o xeito máis rápido e cómodo de atravesar o Estreito de Xibraltar. «Le parecía algo poco viable y decimonónico», asegura Payne. Ben, o xeneral formouse nunha academia militar cun programa de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

samedi 19 mars 2016

O AMOR, QUE MOVE O SOL E AS ESTRELAS TODAS

TODOS COMETEMOS erros baixo a influencia do amor. Se non fose polo cegamento que produce, Camilo José Cela non tería abandonado a súa fundación —cos seus 45.000 volumes e unha escollida mostra de obxectos persoais— ao entendemento e capricho de Marina Castaño.Os delirios de Thomas de Quincey cando consumía opio devolvíanlle a Ann, unha rapaza  da que namorou ao chegar a Londres. Un domingo de chuvia perdeuna de vista por sempre xamais, pero nunca esqueceu a invernía na que durmiron abrazados para combater o frío feroz que... [Lire la suite]