dimanche 10 janvier 2016

AS TROMPETAS DE XERICÓ ATROAN

Lemmy Kilmister era un hombre elegante. Aínda que debamos considerar a elegancia nos parámetros de estética negra, patilleira e encoirada do heavy metal. Pero era innegablemente elegante, malia a súa a súa estética querente do nazismo. A morte do líder de Motörhead comezoulle en xullo, cando baixou do escenario do festival Resurrection Fest de Viveiro e acabou o seu traballo o sábado da semana pasada. Faleceu aos 74 anos como consecuencia dun cancro que o comiscou de xeito tan brutal e veloz como a súa música que se lle presentara,... [Lire la suite]

jeudi 27 août 2015

UN SACO CONTRA O QUE GOLPEAR

Dende que cumprín 50 anos o meu pelo mantense como estaba, non cae pero non medra. Pásame como á UPG; que cumprín cincuenta anos, digo. O pelo que me fasciunou dende neno foi o da miña avoa paterna, Juana Isasi. Era branco, solto e lixeiro como a cola do cabalo que montaba o seu fillo Juan con furia parasitada ao Deus do Vello Testamento para matar bolcheviques na fronte de Novgorod. A miña avoa morreu en xaneiro de 1969, cando Nixon estreaba a gravata dominical de presidente dos Estados Unidos. Juana nunca soubo quen era... [Lire la suite]