lundi 20 juin 2016
FERVOROSOS PRINCIPIOS MANIATÁNDOME
CLASSIUS CLAY morreu en 1964. Mohamed Ali, o día 3. Classius Clay foi un boxeador intelixente, un líder que deu puñadas para facer ruído na denuncia do racismo. Abandonou un sistema occidental de crenzas porque restrinxía a súa liberdade e acabou someténdose a outro oriental, co grupo irado Nación do Islam. Evolucionou ata ocupar o lugar do branco e protestante en versión negra e musulmá. Venceu a escravitude da pel para humillarse na escravitude da fe.
Ao derrubar a Sonny Liston, o deportista derrubou o seu pasado. Non lle... [Lire la suite]
samedi 23 avril 2016
UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL
FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua na que Franco cabalgaba pola Historia sobre a praza de España. A crueldade máxima contra a escultura equestre de Coullaut Varela, inspirada —diría eu— na que ten Marco Aurelio sobre a Cuíña Capitolina de Roma, non foi a nocturnidade nin a clandestinidade, nin a violencia. O máis... [Lire la suite]
dimanche 29 juin 2014
UNHA NEGRURA IDÉNTICA AO FERRO
