samedi 13 janvier 2018

GUÍA PARA DESMONTAR UN BELÉN DE TOLSTOI

DESMANTELAR o meu belén é o máis frustrante do Nadal. Tocarame esta tarde. Acometo a deconstrución con delicadeza paliativa. Evito meter a Caterpillar 235, coma se fixo contra o Quiqui Bar de Santiago.      A falta de fe maior, os meus nacementos son temáticos. Este ano ando ofrecido a Tolstoi, tras verme fidelizado por unha traballosa lectura de Ana Karénina. A escena do meu Nadal non se corresponde a un palleiro triste e frío dos Evanxeos, senón a un deses pazos de San Petersburgo con cheminea grande de... [Lire la suite]

samedi 16 avril 2016

PIDO NÚMERO NA COLA DA PEIXERÍA DE ADA COLAU

Cada vez que saio da casa consulto no móbil a dirección do aire. Non vaia ser que sopre Nordés, que en Ribadeo consideran o primeiro vento que saíu da Caixa de Pandora. Temo que, un día, o Nordés traia unha refolada de Félix de Azúa que me envíe a un posto de pescado. Se unha exestudante de Filosofía con boas calificacións, como Ada Colau, «no está capacitada para gobernar a cuatro millones de habitantes», menos estou eu para destripar unha pescada ou filetear unha robaliza. Prefiro ser prudente: coller o papeliño e agardar... [Lire la suite]
mardi 20 octobre 2015

A MALETA E O RÉXIME DE VISITAS NA PORTAS

  Paul Verlaine adoitaba camiñar a mediodía por París petando co seu bastón na rúa ostentosamente. Marcaba a cadencia dos seus pasos con furia impostada. O século XIX aínda non ardera completamente a causa do lume prendido pola Comuna en 1871. Uns pasos atrás de Verlaine andaba o matemático Poincaré. Cauteloso, en silencio. Suxeitaba a fronte ampla e abaixada cunha man e trazaba gráficas e ecuacións no aire imaxinado coa outra. Saul Bellow —cuxo centenario estamos ignorado con eficacia— razoa a respecto desa imaxe que «a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , ,
dimanche 9 novembre 2014

O RINOCERONTE QUE BUFABA COMO JAMES JOYCE

Teño escoitadas diversas versións sobre a existencia dunha elite, secreta e hermética, formada polas persoas que leron —ata a fondura de entendelo— o Ulises de James Joyce. Durante anos negueime a crelo.Unha tardiña, vagando pola Praza Maior de Lugo, parei cun amigo. Non tardou en sinalarme a un patricio lucense, un home intelixente e formado. Aquel señor nada tiña de particular, a maiores dunha senectude moi Séneca e dunha trenca con botoadura que parecía tallada cos dentes do primeiro rinoceronte traído a Europa por Manuel I de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
dimanche 22 juin 2014

O ATÚN Á GRELLA E A MADALENA DE PROUST

UNHA NOITE decidín que non quería coñecer a ninguén que admirase. Receteime esa cuarentena para evitarme desilusións estaba nun pub con música radioformuleira parede con parede coa casa do Antiguo de Oviedo na que disque que Clarín puxo a vivir a La Regenta. Pasoume pola beira José Agustín Goytisolo. O poeta andaba coa mirada utópica dos borrachos, asolagado de xenebra. Berraba que un colega da Xeración dos 50 era «un membro menor, en todos os sentidos».Ao día seguinte, os dous estabamos na conferencia que deu no Campoamor. Eu, como... [Lire la suite]
samedi 4 février 2012

A MAN DE JOYCE

Durmo tan pouco e tan densamente que acordo sentíndome como se me bañase nunha xelatina quente dotada da particular propiedade de erguerme suavemente cara a superficie do colchón. Todos as mañanciñas do ano a miña conciencia ponse en contacto coa vida por volta das sete da mañá. Sería ousado que afirmase, como Hemingway, que vin todos os amenceres da miña vida, pero si vin case que todos dende que hai dez anos naceu Sara. Esta noite, ás catro e pico, foi Antón quen me espertou porque a el o espertara un pesadelo. Sufrín un pesadelo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:10 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,