jeudi 30 juin 2016

OS HEROES QUE SIGUEN LIBERANDO O RITZ

RAFAEL CHIRBES deixara reservada unha novela de amor cando morreu. Non quixera vela publicada porque o protagonista era un amante. E o amado, tamén. Paris Austerlitz é unha historia de amor tan ilusionante de principio e tan amarga de final como calquera historia de amor. O pasado domingo estiven lendo ese libro. A parella protagonista —un pintor coa superioridade cruel da burguesía e un obreiro co complexo da carencia proletaria— adoita reunirse nun bar de traballadores marroquinos. Acordoume as memorias de Juan Goytisolo, nas que... [Lire la suite]

dimanche 18 janvier 2015

FLORES DEMOCRISTIÁS NOS NOSOS PANTEÓNS

  UN TRACTOR rabuña unha espiral prehistórica en Campo Lameiro sen ser investigado, un electricista rouba o Códice Calixtino e facemos unha lectura de opera buffa de Rossini, Suso de Toro insiste en que non volve nin de coña,... a visión da cultura galega é un espanto.       Nesta época de fugacidade e traxedia wagneriana recuperamos valores firmes: Rosalía, Castelao, Blanco Amor e Perfecto Feijoo. A Deputación da Coruña vai financiar a renovación de contidos na casa museo de Rosalía, a nosa mater... [Lire la suite]