vendredi 10 février 2017

UNHA NOITE SOLITARIA NO HOTEL MALTA

Non recordo terlle falado a ninguén de que Vázquez Montalbán se encerrou en vixilia nun museo de cera para contalo na Interviú.  O LUNS POLA NOITE estaba sentado nun café con Óscar. Liberaba un longo e pesaroso monólogo baseado na idea de que a chegada de Donald Trump ao poder aumentou as vendas de 1984, a novela distópica de George Orwell. Fun interrumpido suavemente polo meu amigo. Quitou unha chave do peto e pousona sobre o metacrilato. Era tosca, debía de pesar medio lingote de ferro, e levaba un M gravado na... [Lire la suite]

lundi 25 juillet 2016

A NECESIDADE DE CASAR PARA GOZAR O DIVORCIO

O MES PASADO apareceu o terceiro coche más importante da historia do cinema, xunto co Aston Martin que conduce Sean Connery en Goldfinger e o Porsche 550 Spider no que James Dean evitou frear a tempo. Refírome ao Triumph Tr3 negro no que Marcello Mastroianni atravesa en La dolce vita a noite feliz que era Roma no ano 1960.Un coleccionista italiano andaba na busca dese modelo e atopouno en internet. Investigando, soubo que o automóbil fora mercado en 1959 pola produtora de Fellini. Soamente o despistaba a cor: o bárbaro do... [Lire la suite]
samedi 23 avril 2016

UNHA LIÑA TELEFÓNICA PARA JEAN PAUL

FERROL É UNHA cidade que me desconcerta. Para Galicia é coma Alaska para os Estados Unidos: un accesorio territorial sen función concreta. A última actividade cultural que cruzara a ponte das Pías fora a man de pintura que lle deran no 2000 á estatua na que Franco cabalgaba pola Historia sobre a praza de España. A crueldade máxima contra a escultura equestre de Coullaut Varela, inspirada —diría eu— na que ten Marco Aurelio sobre a Cuíña Capitolina de Roma, non foi a nocturnidade nin a clandestinidade, nin a violencia. O máis... [Lire la suite]
samedi 28 mars 2015

JAZZ E COPAS TRAS O SFUMATO

Aki Kaurismäki comezou a súa formación como director nun cineclub de Helsinlki onde poñían películas de jazz. Manuel Antonio non logrou ser cineasta e quedou en poeta porque tivo escaso acceso ás salas. Cando chegou a Vigo para estudar Náutica, queixouse: "En Vigo estou no deserto, nun deserto de pantallas cinematográficas". Despois embarcou e non puido ver filmes. William Faulkner debutou na literatura con guións para Hollywood. Emocionalmente era un granxeiro, polo que non gustaba dos barcos. Cando voou a Estocolmo para... [Lire la suite]
vendredi 12 décembre 2014

UNHA EXPIACIÓN, UNHA EXHORTACIÓN MORAL

Unha norma elemental nunha entrevista é non permitir que o entrevistado cha guíe. Debes ser ti quen decida os temas que tratades e o xeito no que os tratades, mesmo se tes que ser impertinente e interromper o discurso. Nunca fago excepcións. Ben, si, exclúo da norma a Darío Xohán Cabana. Eu lanzo unha primeira cuestión, nada orixinal, algunha obviedade para colocar o estrado, e deixo que Darío improvise a lección maxistral. A clase de onte foi sobre Dante co gallo da súa segunda tradución de A divina comedia, con excursións a... [Lire la suite]
dimanche 7 décembre 2014

MONARCAS, DIVAS E EXILIADOS

ESTA SEMANA ASISTÍN a varios debates privados e economicistas sobre Retrato de la familia de Juan Carlos I, o cadro que Antonio López comezou candos os trens circulaban a 40 quilómetros por hora en Galicia. A velocidade media no transporte ferroviario galego sigue ralentizada e, inopinadamente, o artista entregou a obra. Vinte anos e 300.000 euros despois. Antonio López excusouse coma unha noiva que chega tarde á voda. Culpou ao vestido, ás fotografías e á cuñada: que se o vestido de doña Sofía, que se as imaxes de Chema... [Lire la suite]