dimanche 29 janvier 2012

O MEU PAI COCIÑABA PEDRAS

O meu pai cociñaba pedras. Rara era a fin de semana da democracia na que non prendía o forno para preparar uns minerais. Daquela, botaba toda a tarde supervisando tempos e temperaturas, nun protocolo que ía anotando nun dietario con tapas de cartón beige e unha espiral de arame no lombo. A súa letra era cativa e negra, como o ronsel das formigas. Mireino tantas veces pechado na cociña da casa concentrado nesa xeira que non me impacta toda esa fame experimentadora que teñen os cociñeiros da tecnogastronomía, malia que me resulta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

dimanche 16 octobre 2011

O OUTONO DESAUTORIZADO

O OUTONO DECIDIU non presentarse á convocatoria postveraniega deste ano. Como consecuencia, colleitáronse a metade de castañas e o dobre de manteiros no San Froilán. Por este tempo, sempre había un veciño que quitaba ao portal un tambor de castañas para reiterar ese sinxelo e saboroso ritual da gastronomía galega. Este ano, o único que asomaban nos portais eran os bolsos de Hermès e as colonias de Chanel sobre unhas mantas que convidaban ao peón a camiñar polo asfalto. Non debemos esquecer que as castañas permitiron ao homo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,