samedi 16 mai 2015

O ÚNICO DEPORTE QUE NON É UN XOGO

O XORNALISTA norteamericano Abott Joseph Liebling lembra no libro Between meals, os xantares que gozou en París entre 1926 e 1927. O daquela estudante de Arte xustificou a estadía en Europa para aprender na mellor universidade, A Sorbona. Lonxe de visitar a facultade, Liebling dedicou o seu tempo a percorrer toda canta casa de comidas e hotel servía un menú. Tamén a especular con ser boxeador profesional.Ningún dos outros fillos de rico cos que compartía residencia universitaria considerara practicar o que o cronista español... [Lire la suite]

samedi 12 novembre 2011

UNHA DUCHA ENTRE AS POMBAS QUE ADESTRA TYSSON

O estudo de Quique Bordell está presidido por unha aparatosa batería que non ten máis función ca de permanecer alí porque o pintor nunca toca. Ben, si; ten outra: agochar un precioso cartel que lembra o combate de Frazier e Muhammad Alí en Manila. O venres visiteino e falamos a respecto de Frazier. A Quique non lle interesa o boxeo máis ca por estética, eu tamén amo a posta en escea do ring, pero aborrezo que o árbitro dea a orde de comezar a pelexa. Bordell e máis eu debatiamos ao día seguinte a respecto de Rothko, Pollock e algúns... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,