
A Festa de Despedida da Clase Media resultoume ben curiosa. Eu dérame coado na Casa Branca ata a parte máis discreta, onde está a piscina. Para aquela tarde deste verán prorrogado como o presuposto dun goberno en minoría montaran un estrado sobre o que cantaba Rihanna. Na primeira fila, acoutaran un espazo para John F. Kennedy, que miraba con ollos iluminados e corpo rendido nunha cadeira de rodas. O expresidente escrutaba ata ao menos erotizante dos seu contorneos, ensoñado, talvez, con aquelas marabillosas festas que lle montaba o...
[Lire la suite]