samedi 10 février 2018

OS QUERUBINS QUE PROVOCAN AS NEVADAS

    CAMIÑABA POLA rúa de Lugo na que Ánxel Fole quedou convertido en estatua de sal. O escritor pena a súa nostalxia retrógada. Quedou eternizado en bronce coma os romanos de Pompeia quedaron fotografados pola lava do Vesubio.      Foi dobrar a esquina da rúa de San Pedro e comezar a nevar ao xeito profuso da Pequena Idade de Xeo. A rúa estaba estaba espida de xente, coma en A Noiteboa, o conto de Gógol: «Xeaba intensamente e reinaba tal silencio que o renxer da neve baixo as pisadas podía sentirse a... [Lire la suite]

vendredi 19 septembre 2014

CANDO MENOS O ESPERAS, RAJOY PONSE DE PARTE DA LEI

Eu teño unha sospeita bastante sólida de que Mariano Rajoy existe. Mesmo empezo a estar canso desas teorías extravagantes que sospeitan que morreu hai un tempo, pero deixou vídeos gravados nunha manobra audaz de Arriola inspirada pola lonxevidade audiovisual de Bin Laden. Non, Rajoy non pode nin ser sequera un experimento de garaxe construído por Moragas e Pons. Ninguén pode sentir tan baixa estima polas capacidades propias como para opinar sobre o referendo escocés agochándose tras un vídeo máis axeitado para un candidato a Tengo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 15 juillet 2014

AUGA DE VICHY

Cando os norteamericanos liberaron Garmisch do Terceiro Reich requisaron as mansións para dar abeiro aos seus soldados. Nunha das apetecibles saíulles ao paso un vello proclamando que era Richard Strauss. O tenente que mandaba naquela unidade ordenou a inmediata retirada porque coñecía as composicións musicais do alemán. Esta mañá encetei unha novela infantil, unha nova aventura de Os Sabuxos. Juan Tallón desconfía de que vaia escribir sesenta folios en quince días. Seica que Filgueira Valverde tamén redactou algún texto para... [Lire la suite]