vendredi 16 décembre 2011

(PRESUNTOS) TERRORISTAS SUBVENCIONADOS E OUTRAS ESPECIES INVASORAS

FABIÁN LÉMBRAME ás veces que hai que ter amigos ata no Inferno. Acéptolle o consello porque abriga unha American Express na carteira. Os calvinistas sabemos que a acumulación de riqueza é o camiño da salvación, algo que os marxistas rexeitan con candidez prerrevolucionaria. Por iso intento entenderme mesmo co inimigo en calquera lugar. Pero hai un ámbito comanche: a cola do supermercado. Nese espazo móvense señoras que deberían figurar no novo catálogo de especies invasoras. Ben sei que ando pasmando de natural, pero sempre hai unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,

dimanche 9 octobre 2011

DORRIBO TIRA DO TOP MANTA

Jorge Dorribo ameazou hai tempo con "tirar da manta" se non o quitaban do cárcere. Desconfío de que a xuíza que o meteu vai rebaixar un grao da súa determinación pola ameaza de tirón, pero el amaga, que maior ocupación non debe de ter. Polo de agora, arramplou con dous posibles candidatos a presidentes da Xunta e cun conserxe parlamentario. Dorribo, que ten algúns trazos hemingwayanos, disparou varios cartuchos a pezas que están en tempada ata o 20-N. Pero -regreso a onte- son tantos os homes, os homiños, os macacos e máis os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:57 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags :