jeudi 5 octobre 2017

MULLERES E HOMES, E VICEVERSA

"HAI QUE SALVAR a Rilke", escribiu a princesa Maria von Thurn und Taxis no seus diarios (Alianza) en 1916, décadas antes de que Spielberg copiase a frase para salvar o soldado Ryan. A nobre eximiu o poeta da obriga de marchar co exército austrohúngaro para abatir inimigos rusos, segundo conta Adam Zagajewski en Releer a Rilke (Acantilado). Logrou que destinasen ao poeta ao monótono e seguro Arquivo da Guerra de Viena. A princesa admiraba a Rainer Maria Rilke, pero non se resistía a dirixirlle cartas chamándoo Doutor... [Lire la suite]

samedi 24 décembre 2016

A ÚLTIMA PALABRA SERÁ MAIONESA

  O xoves dei un paseo con tanta folgura que rematei nun cine. Deambulei por volta de hora e media. A andaina foi longa, non porque Lugo se teña convertido nunha cidade extensa, senón que lle fixen un circunloquio. Agora ninguén deambula, nin sequera camiña. Non, botan unha carreiriña de can dende o coche aparcado con luces intermitentes ou póñense roupas fuorescentes para correr como se fosen árbores de Nadal móbiles. Eu adoito deambular cada día. Axúdame a coñecer a cidade e a xente. Nunca volverei mirar unha rúa como... [Lire la suite]
dimanche 19 octobre 2014

OS BARRIOS PERIFÉRICOS

O Nobel e madrugada devolvéronme a Modiano.Pasaramos anos afastados. Outros libros metéronse entre nós, como cando vas pola rúa seguindo a un amigo ao que divisaches entre a multitude e non o dás alcanzado. Los bulevares periféricos é un libro de 1972 que publicou Alfaguara cinco anos máis tarde. Jorge Herralde explica por que Alfaguara deixou de publicar a Modiano, por que Modiano deixou de estar lexible en español, ata que o recuperou el para Anagrama: "En Madrid non len aos franceses; en Barcelona, si". Los bulevares... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 05:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
vendredi 10 octobre 2014

MODIANO IGNORADO, MODIANO DEVORADO

  Botei todo o día de hoxe sentindo unha alegría recóndita e alieníxena polo recoñecemento a unha persoa que non coñezo de nada, que nin sabe que existo nin lle ten que eu exista. Sentínme coma eses estúpidos seres abufandados que se bañan nas fontes cada xuño porque uns profesionais do fútbol foron os mellores nunha competición. Levo todo o día con ganas de telefonar a París para felicitar a Patrick Modiano polo seu Premio Nobel. É unha parvada, pero ese pulo tira por min. A segunda liña do meu pensamento de hoxe ocupeina en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,