samedi 30 décembre 2017

OLIVER LAXE SENTE UN ECO DA IDADE MEDIA

    O REI JUAN CARLOS tomou poucas decisións na súa vida. Nin sequera decidiu nada a finais de 1975. Saía da Zarzuela á rúa mirando para un lado e para outro coa fin de que a Transición non o levase por diante. Deixou que lle impusexen a medalla de visionario sen entender nin a primeira das xogadas a carta marcada que fixera Suárez. Don Juan Carlos é un tanto proustián pola ironía coa que representa nesa montaxe escénica que é a aristocracia. O rei emérito vai vivindo os praceres e os días sen... [Lire la suite]

samedi 7 juin 2014

A CONSTITUCIÓN, LITERATURA DE DRAGÓNS E ESPADAS

O paseo de hoxe foi tamén con destino marcado. Achegueime ata Frutas El Valenciano, en Montirón, para mercar unhas patacas. De camiño déuseme por dubidar se os comerciantes desa tenda falarían galego. Logo contesteime reparando en que eu son vasco e fillo de vascos. A dúbida duroume uns segundos de impostura, algo que a monarquía leva séculos cometendo en Europa e Asia con plausible éxito. No caso de Europa, os reis teñen unha función exclusiva de garantiren o mito e a tradición; non acontece coma cos sátrapas árabes, que asemade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,
mardi 3 juin 2014

UN FALSO ACELERÓN NA HISTORIA DE ESPAÑA

A xornada foi unha desas nas que a Historia acelera e nos adianta sen que nos decatásemos porque, cando miramos, corría pola zona morta do retrovisor. Abdicou o Rei para que non abdicase a monarquía. Nada cambia. A xefatura de estado español terá a mesma base irracional con Juan Carlos I ca con Felipe VI. A Historia de España semellou acelerarse porque hai un cambio de persoas, pero a institución vai continuar intacta -cos seus privilexios extravagantes e as súas obrigas formalistas-; logo foi unha aceleración en falso, limitada a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 30 décembre 2011

COLOR AZUL CASE MORGANÁTICA

A PARTIR DE certas idades é preferible que sexa inverno. Máis ca nada por porder disimular con roupa as molduras coas que o tempo e a gravidade van marcando a súa presenza. Son navalladas en forma de corazón de cando había bosques e o amor era una emoción prestixiada. Na mocidade acontece o contario, dámoslle un valor frívolo a amosar as grazas que nos concederon os xens. Valoramos o que temos proporcionalmente á envexa que xeramos nos outros. Ese defecto colectivo é o sal no conto sobre ‘'O traxe novo do emperador'’, cando o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,