
CÉLINE BOTOU a vida habitando e deshabitando casas. Foi perseguido polas súas ideas, que eran perseguibles. Non acougou dende que La Nueve republicana entrou a canonazos no París hitleriano. En París foi un fuxido; en Sigmaringen, un refuxiado; en Hamburgo, un agochado; en Copenhague, un detido; en París, un amnistiado. Nin foi inocente, nin se arrepentiu. Buscou a expiación no ballet. Miraba bailarinas, debuxaba bailarinas, casaba con bailarinas, era infiel con bailarinas.
A segunda e derradeira...
[Lire la suite]