vendredi 28 octobre 2016

O DESPREZO DE UMBRAL E O RECENDO VARONIL

O MARTES parei comprar xabón de mans Magno Classic antes de ir ao xornal. Empecei a usar ese xabón cando tiña 19 anos e estudaba en Santiago. A miña habitación no hostal estaba pegada á de Raúl. Cando cheguei á redacción souben que a editorial Nocturna me enviara La península (1970), de Julien Gracq. É unha novela fascinante polo levísimo da súa trama e o interesante da lectura. Todo o que acontece é que un home conduce ata unha estación de tren para buscar ao seu amor. Ela non aparece. El marcha percorrer Bretaña.O mércores... [Lire la suite]

samedi 17 mai 2014

CUATRO ESQUINITAS TIENE MI CAMA

O PADRE FÉLIX GARCÍA era tan dogmático como voluntarioso. En outubro de 1955 logrou que Ortega y Gasset permitise que lle dese a extrema unción, aínda sendo «librepensador» —que lle reprochaba a miña tía Charo—.En febreiro de 1962 volveu á carga contra Julio Camba. Achegouse ata o hotel Ritz de Madrid levando os santos óleos. «Rece un padrenuestro», pediu ao escritor. «É que non o sei», contestou Camba. O cura suspirou lembrando que estaba ante dun anarquista que se convertira a cambio da regalada vida burguesa: «Ben, pois un Deus... [Lire la suite]