lundi 15 décembre 2014

A FORZA DO NOSO AMOR PODE SER COMPLETAMENTE INUTLE

  PATRICK MODIANO asegura en Accidente nocturno (Anagrama) que «os olores son o que resucitan mellor o pasado». Discrepo. O gusto é máis eficaz ca o olfacto. O gusto saborea as palabras para extraerlles as lembranzas —as felices, as dramáticas, as emotivas—, con maior intensidade. O bo gusto. As persoas tendemos a procesar os episodios que nos marcan na lingua materna. Ben sabemos dende hai tempo que Galicia é un país sen futuro, que as reservas do noso porvir están en Lavacolla ou mesmo no Sá Carneiro, dende onde voan... [Lire la suite]

dimanche 16 novembre 2014

"LOS VIENTOS DOMINAN GALICIA"

Aurora non o daba crido cando viu a anciá co corpo enxoito e pálido oculto baixo teas negras que se presentara no ultramarinos dos seus pais. «Son a túa avoa, Auroriña», anunciouse con naturalidade e firmeza. A vella parecíase desconcertantemente á súa avoa, falaba galego coa dición mastigada da súa avoa; pero estaban no centro de Bos Aires e a súa avoa vivía nunha aldea de Maside, en Ourense.Aurora Bernárdez lembraba a a avoa dos catro anos, entre 1920 e 1924, que vivira cando nena en Galicia, entre Maside, Vigo e Lugo. Si, non... [Lire la suite]