samedi 8 avril 2017

A REAL ACADEMIA GALEGA NON É UNHA LENDA URBANA

      O MÉRCORES comprendín a falta de entradas para os concertos de Sés. Admiro a condición da cantante bergantiñá pola súa apertura panóptica cara ás músicas populares —da milonga ao rock—; admiro a voz ampla de rexistros e o poderío no seu manexo, e admiro a boa disposición das súas letras. Pero ata o mércores non a escoitara en directo. Foi no bonito e incómodo Teatro Principal de Santiago. Asistín á interpretación de Sés un pouco corcorvado, nunha postura que axuda a compensar a ameaza de xordeira e a... [Lire la suite]

samedi 24 septembre 2016

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH

  O CONDE Shascha Koowrat sabía que ía morrer en días, probablemente en horas. Soamente tiña 42 anos. Fóra —Viena, 1927— chovía. Mandou ao seu chófer que collese un dos coches que el mesmo fabricaba —o Austro Daimler Sascha co que gañara a Suba do RiederBerg cinco anos antes— e fose buscar a Marlene Dietrich. Aquela noite de decembro era ben desagradable, pero a actriz accedeu porque o nobre lle dera a primeira oportunidade nos seus estudos, Sascha Films. Entrou no dormitorio do moribundo. Sascha, con voz apagada... [Lire la suite]
jeudi 26 novembre 2015

UNHA POMBA CAGA SOBRE HOLLANDE

    O ENTERRO DAS vítimas de Charlie Hebdo non podía acabar sen un detalle gracioso que respondese ao espírito da revista. Cando Hollande abrazaba ao médico e colaborador da publicación Patrick Pelloux, unha pomba deixou caer unha sustancia branca e áceda sobre o seu ombro. A defecación é escatolóxica, pero ten ese contrapunto de que proceda dunha ave pura e elevada coma unha pomba.A pasada fin de semana recuperei dous libros para tratar de comprender o inextricable: vingarse en 130 descoñecidos polas atrocidades que os... [Lire la suite]
dimanche 26 octobre 2014

O SECRETO DE CARLOS OROZA

Manuel Jabois empezou a traballar en Madrid o 1 de maio de 2013, coa prima de risco a 293 puntos. John Mitchell apeouse en Nova York un 25 de outubro de 1929, o día posterior á Gran Depresión. O positivo das crises é que causan unha miseria tan oceánica e negra que medran os periodistas que mellor escriben, como Jabois ou Mitchell. Tamén florecen persoas que crecen ata ser personaxes, como Carlos Oroza ou Joe Gould.Manuel Jabois sostén que, se lle daban a escoller entre gañar o premio Nadal de Novela ou entrevistar a Amancio Ortega,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,
samedi 16 août 2014

UNHA PRACA DOURADA

Outra noite de cear a medianoite como consecuencia do traballo. Deixei sorprender coma sempre polas canles de R. En CTK había unha película desas que teñen como principal valor estar producida nun país pobre, pero en TCM botaban Serpico, con Al Pacino. O actor logra que esquezas que o director, Sidney Lumet, está xirando nun bucle dende os dez primeiros minutos de presentación do personaxe, un policía íntegro. Nos seguinte setenta, teima en describir en escenas que se repiten cun personaxe dunha rixidez moral aburrinte. As... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
jeudi 14 août 2014

CUMPRIR ANOS COS PÉS FRÍOS

Acordei coma cada mañá: ás sete e media e deitado sobre o costado esquerdo. Nesa postura quedo durmido e nesa postura esperto. Nada cambia en min durante a noite, de quitados os pés fríos. Cando entro na cama teño os pés fríos.  En Todos los hombres del presidente, esa película na que Alan Pakula consegue estagar o emocionante Watergate nunha aburrida busca de nomes de corruptos, un personaxe fala sobre outro que dá aturado cun dedo na chama dunha vela. "E como aguanta?" "Esquecendo a dor". Para min sería doado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:36 - Commentaires [1] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mardi 8 juillet 2014

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE

A mañá do sábado atopoume na terraza do Costa Verde, en Ribadeo; sentei a uns metros dunhas señoronas que se axeitaran na casa para responderen a todo o que se agarda dunhas señoronas de vila pretenciosa. Collían as olivas da tapa, que lles renderan nunha cunca branca, co pico dos dedos gordo e índice segundos antes de reflexionar sobre a dificultade para extraer entre os beizos encarmiñados os ósos para facelos desaparecer con elegancia eficaz. Unha das señoronas, que confirmaba no ABC a necesidade de que España goce da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
dimanche 6 juillet 2014

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR

Domingo foi un outsider. O seu destino estaba escrito na tona do mar. Naceu Rinlo, o porto ribadense ao que lle medraron casas ao redor. Porén, fixo a mili en verde, por terra, nunha localidade na que a vestimenta dos quintos era azul. "Cando volvía de permiso, os veciños miraban estranados o meu uniforme", comentoume nun ultramariños de papelería que abre de San Roque. Confesábao como O mariño que perdeu a graza do mar de Yukio Mishima.   Domingo agradeceume que escriba tantas veces sobre Rinlo, pero pediume que deixe de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,